Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2013 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a selección dunha entidade xestora e custodia por unha entidade depositaria do plan de pensións do sistema de emprego da Universidade de Vigo (expediente P2/13).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet del perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas. 16.12.2013.

d) Número de expediente: P2/13.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: selección dunha entidade xestora e custodia por unha entidade depositaria do plan de pensións do sistema de emprego da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: nas instalacións da empresa, suxeito ás exixencias de xestión e comunicación expostas no prego de prescricións técnicas particulares (punto 16).

2) Localidade e código postal: ver punto 1.

e) Prazo de entrega: non procede.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 66512000-2/CPA: K65.30.12 (servizos de fondos de pensións colectivos).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1) Oferta de comisión de xestión da entidade xestora: 40 puntos.

2) Oferta da comisión de depósito da entidade depositaria: 15 puntos.

3) Oferta do tipo de xuro que se aplicará proposto pola entidade depositaria para a conta corrente ou contas correntes do fondo de pensións: 1 punto.

4) Dispoñibilidade física dunha oficina de atención (entidade xestora ou depositaria) nas cidades de Vigo, Ourense e Pontevedra: 6 puntos.

5) Melloras da oferta: 38 puntos.

5.1. Indicar especificamente se a entidade xestora se fai cargo do custo íntegro de contratar un seguro de responsabilidade de membros da Comisión de control do Plan, que cubra a súa actuación no exercicio das súas funcións dentro do Plan. As condicións, cobertura e límite mínimos indícanse no punto 7.1. do prego de condicións técnicas… (5 puntos).

5.2. Indicar especificamente se nos casos en que as reclamacións recibidas non atoparan encaixe de cobertura pola póliza anteriormente sinalada, a entidade xestora asume o custo económico íntegro do asesoramento legal e a defensa xurídica da Comisión de control... (15 puntos).

5.3. Indicar especificamente o % do custo que previsiblemente poida aplicar a entidade xestora actual derivado da mobilización dos dereitos consolidados a outro fondo, que estará disposta a asumir a entidade xestora ofertante, nos supostos previstos nas especificacións do plan… (18 puntos), de acordo co establecido na folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: comisións de acordo co punto 4 da folla de resumo de características do prego de bases.

5. Orzamento base de licitación: comisións de acordo co punto 4 da folla de resumo de características do prego de bases.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 12.000 € que constituirá a entidade xestora.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 23.12.2013.

b) Modalidade de presentación: papel 2 sobres A e B.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia. Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B na sala de xuntas do edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.500 euros.

Vigo, 14 de novembro de 2013

Por delegación (Resolución do 11.9.2013; DOG do 20 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo