Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46236

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública (expedientes 40781/422 e 40185/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: Clínica Veterinaria Tartaruga, C.B. Actividade: clínica veterinaria. Lugar: Loureiro (San Roque), nº 6. Expediente: 40781/422.

2. Solicitante: Asistencias Diana, S.L. Actividade: taller de mantemento para frota de vehículos propios. Lugar: Severino Cobas, nº 122. Expediente: 40185/422.

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, no BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún modo pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta -1 do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 4 de novembro de 2013

Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos,
Grandes Proxectos e Patrimonio