Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46237

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública (expediente 40828/422).

Andrade, Baña, Erea 002567163A, S.L.N.E. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenza de actividade para ximnasio, que se situará na rúa Gonzalo Torrente Ballester, nº 6 (expediente 40828/422).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e co artigo 36 do Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas (Real decreto 2816/1982, do 27 de agosto), en relación co 86 da Lei estatal 30/1992, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún modo pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 6 de novembro de 2013

Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos,
Grandes Proxectos e Patrimonio