Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46233

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública sobre regularización de cuarteirón entre as rúas Peña e Estación e cesión de local ao concello.

Con data do 29 de outubro de 2013 subscribiuse convenio urbanístico entre o alcalde do Concello do Porriño, Manuel Carrera Lorenzo, Marcelina Lago Werham e Digna Lago Werham para a regularización de cuarteirón entre as rúas Peña e Estación, e cesión de local de 148,26 m2 ao Concello do Porriño.

De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística de Galicia, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte (20) días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, taboleiro de edictos do concello e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

O que se fai público para os efectos do sometemento do expediente a información pública por un prazo de 20 días hábiles.

O Porriño, 29 de outubro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde