Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46164

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (12/2013).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 12/2013.

Demandante: José Luis Amado Blanco.

Avogado: Francisco Iglesias Gandarela.

Procuradora: Yolanda Vidal Viñas.

Demandado: Ageco Contratas, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 12/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Amado Blanco contra a empresa Ageco Contratas, S.L., sobre ordinario, se ditou decreto en data 3.9.2013 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

Para dar efectividade á orde xeral de execución, acordo o embargo dos seguintes bens:

– Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Saldos das contas bancarias que segundo os datos existentes na aplicación informática posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará para efecto a través do punto neutro xudicial.

Así mesmo, acórdase consultar o Servizo de Índices do Rexistro da Propiedade co obxecto de descubrir a titularidade dos terreos que aparecen na indagación patrimonial practicada a través da base de datos deste órgano xudicial.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, telefax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

– A conta de consignacións do órgano xudicial para os efectos de pagamento será a seguinte: conta número 5076 0000 64 0012 13, e deberase indicar no campo concepto de pagamento.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Ageco Contratas, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2013

A secretaria xudicial