Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46095

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valga

ANUNCIO de información pública sobre aprobación inicial de plan parcial (S-107-pol01).

Tras ser aprobado inicialmente o Plan parcial que afecta o sector de solo urbanizable delimitado S-107-pol01, que desenvolve o Plan xeral de ordenación municipal deste concello, por acordo da Xunta de Goberno local do 28 de outubro de 2013, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de galicia, sométese a información pública por prazo dun mes, contado desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Valga, 29 de outubro de 2013

José María Bello Maneiro
Alcalde