O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, dispón que os estudos de impacto ambiental se someterán ao tramite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
Someter a información pública, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, o estudo de impacto ambiental da zona de concentración parcelaria de Muro, Oleiros, Ronfe, Vilambrán e Larín (Láncara-Lugo).
Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Desenvolvemento Rural, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa nova redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2013
Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural