De acordo co establecido na Orde do 10 de xuño de 2013 (DOG núm. 117, do 20 de xuño) e unha vez que elixiron destino definitivo os funcionarios que superaron os últimos procesos selectivos convocados polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 29 de novembro de 2001 (DOG núm. 239, do 12 de decembro), esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. A apertura do prazo de toma de posesión que se establece no punto segundo da Orde da Consellería de Facenda do 10 de xuño de 2013.
Segundo. O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se o posto de traballo está na mesma localidade ou dun mes se radica en localidade distinta.
O cesamento deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra esta orde que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013
Elena Múñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda