Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45872

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO sobre a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de asistencia e apoio administrativo e técnico en materia de inspección tributaria.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: servizo de contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2276.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de asistencia e apoio administrativo e técnico en materia de inspección tributaria

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: tres anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79221000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: ata 52 puntos.

Estudo organizativo do servizo: ata 48 puntos:

– Metodoloxía dos traballos: ata 30 puntos (Metodoloxía proposta e a súa xustificación: ata 16 puntos Programación ou planificación dos traballos: ata 7 puntos Medios técnicos e materiais: ata 7 puntos).

– Medios persoais adscritos ao proxecto: ata 10 puntos.

– Control de calidade dos traballos: ata 8 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 1.000.000,00 euros (duración total do contrato e posibles prórrogas)

b) O tipo de licitación establécese nunha porcentaxe máxima do 25 por 100 (IVE non incluído) sobre a débeda tributaria cobrada.

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 12.1.4 do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 12.1.5 de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior núm. 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Dirección electrónica: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: dous meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade. O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 18 de novembro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde