Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45875

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación gandeira con construción de silos en Vimieiro (Lardeiros).

Ganadería Seco, S.C. solicitou nesta alcaldía licenza municipal de ampliación de explotación gandeira con construción de silos en Vimieiro, Lardeiros, deste termo municipal. En cumprimento do disposto na lexislación de aplicación, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, co fin de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular as alegacións que xulguen oportunas.

O Pino, 28 de outubro de 2013

Manuel Taboada Vigo
Alcalde