Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 11 de novembro de 2013, do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada 2012/048-RA-O, en materia de protección do patrimonio cultural.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do recurso de alzada en materia de protección do patrimonio cultural, que non puido ser notificada por correo certificado nin no enderezo sinalado no recurso de alzada nin tampouco no novo enderezo indicado polo interesado para este fin.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992 o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º, Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do recurso de alzada, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2013

Mª Teresa González Novo
Xefa do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral de Cultura
da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Recurso de alzada: 2012/048-RA-O.

Interesado: Xosé Inacio Palomanes Rodríguez.

Enderezo: r/ Tomás A. Alonso, nº 188-10º, 36208 Vigo.

Feitos imputados: instalación de iluminación exterior no castelo de Maceda e a realización de obras varias modificando o proxecto orixinal, sen a autorización previa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Tipificación: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Resolución notificada: resolución do recurso de alzada.