Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2013 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dunha póliza de asistencia sanitaria, decesos e repatriación para auxiliares de conversa destinados en centros da Conselllería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (expediente SXAPERE 02/13/AUX).

Por Resolución do 4 de setembro de 2013 (DOG do 6 de setembro) anunciouse, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria, a contratación dunha póliza de asistencia sanitaria, decesos e repatriación para auxiliares de conversa destinados en centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos do sector público, así como os requisitos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e demais lexislación vixente, e con base na proposta formulada pola mesa de contratación reunida o día 4 de outubro de 2013,

RESOLVO:

Adxudicar o contrato convocado por Resolución do 4 de setembro de 2013 a SegurCaixa Adeslas, S.A. de Seguros y Reaseguros, con NIF A28011864, por un importe de 60.018,28 euros, incluídos todos os impostos, taxas e recargas repercutibles.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria