Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Sarreaus e Vilar de Barrio (expediente IN407A 2013/40-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UTE Vilariño Vía Izquierda.

Domicilio social: rúa Acato, nº 22, 5ª planta, 28045 Madrid.

Denominación: LMT subt. e CT prov. obras túnel AVE Vilariño-Campobecerros.

Situación: Sarreaus e Vilar de Barrio.

Características técnicas:

LMT de 285 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2OL 12/20kV 3x(1x240 mm2) AL, con orixe na cela de cliente na subestación Sarreaus, propiedade de Unión Fenosa Distribución, e final na cela de remonte en caseta situada na parcela 501 do polígono 287 do concello de Sarreaus.

Aparellaxe para o nivel de tensión 20 kV (tensión asignada 24 kV); cela de remonte, cela de protección dobre seccionador, cela para transformador bipolar de servizos auxiliares de 4 kVA e cela de liña.

CT intemperie elevador R/T 20.000/400-230 de 12,5 MVA.

Transformador de servizos auxiliares R/T 20.000/400-230 de 4 kVA.

Aparellase para o nivel de tensión 30 kV (tensión asignada 36 kV): cela de remonte, cela de protección con interruptor automático.

LMT de 1.2194 m a 30 kV, con condutor RHZ1 2OL 18/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, con orixe na cela de protección con interruptor automático do transformador intemperie elevador anterior e final no paso aereosubterráneo (PAS) proxectado no lugar do monte Ameá (Vilar de Barrio).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 13 de novembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial