Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45622

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Advertidos erros no Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 220, do 18 de novembro de 2013, cómpre efectuar as seguintes correccións na páxina 44553:

No número 3 do artigo 14, onde di: «prazos de toma de posesión», debe dicir: «prazos posesorios».

No número 4 do artigo 14, onde di: «prazo de toma de posesión», debe dicir: «prazo posesorio».