Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45609

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Vicedo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 21 de outubro de 2013, aprobou inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal do Vicedo. De conformidade co preceptuado no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e as súas posteriores modificacións, o plan aprobado inicialmente, con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o informe de sostenibilidade ambiental, sométese simultaneamente ás consultas previstas no documento de referencia e ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, o cal se computará a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia de Lugo.

Igualmente, de conformidade co preceptuado no artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, queda suspendido o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para as áreas nas cales exista incompatibilidade co vixente Plan xeral de ordenación municipal. As ditas áreas estarán constituídas polo solo urbano non consolidado (polígonos 1, 2 e 3), solo urbanizable non delimitado (ámbitos 1, 2 e industrial), solo rústico afectado por cambio de categoría en relación co planeamento actual, e solo urbano e solo de núcleo rural nas áreas en que exista incompatibilidade entre ambos os dous planeamentos.

O Vicedo, 4 de novembro de 2013

José Jesús Novo Martínez
Alcalde