Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 21 de novembro de 2013 Páx. 45476

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO de información pública sobre planta dosificadora de formigón no polígono industrial A Rega (Cuíña).

Neste concello tramítase expediente para a concesión da licenza de apertura seguinte:

Actividade: planta dosificadora de formigón.

Situación: parcela 70 do polígono industrial A Rega-Cuíña (Ortigueira).

Solicitante: Oysor, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un período de vinte días hábiles, contados desde a última publicación deste anuncio no BOP e no DOG, co fin de que as persoas que se consideren afectadas pola actividade poidan examinalo e formular por escrito as reclamacións e alegacións que xulguen oportunas.

Ortigueira, 26 de outubro de 2013

Rafael Girón Martínez
Alcalde