Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 21 de novembro de 2013 Páx. 45475

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Camariñas

ANUNCIO de información pública ao abeiro do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Mª Jesús Cerdeiras Jaureguizar, en representación de Industrias Cerdeimar, S.L., solicitou licenza municipal para un complexo industrial conserveiro existente na avenida de Cedeira s/n de Camariñas. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente á información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no BOP, DOG e no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.

O expediente estará á disposición do público na Secretaría do concello, durante as horas de oficina (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas).

Camariñas, 15 de novembro de 2013

Manuel Valeriano Alonso de León
Alcalde