Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 45062

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para adaptación de taller mecánico.

Rubén Álvarez Araújo, en representación de Mecánica Ansemil, C.C., solicita licenza de adaptación de local para taller mecánico de vehículos de motor, na avenida San Rosendo, 30, baixo, Celanova. Sometida a avaliación de incidencia ambiental, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da normativa vixente sobre avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, e exposición no taboleiro de anuncios do concello para que os posibles afectados poidan alegar o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Celanova, 28 de outubro de 2013

José Luis Ferro Iglesias
Alcalde