Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 45061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para ampliación de actividade (expediente 04/13 AIA).

Hermanos Verdía, S.L. solicitou neste concello licenza municipal de apertura para unha actividade dedicada a reforma de estación de servizo e ampliación de medidas ambientais situada no lugar da Ermida, nº 17, Lañas, Arteixo. En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008 polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da última pubicación deste anuncio no Boletín Oficial da província ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade poidan examinalo e formular por escrito as alegacións e reclamacións que consideren oportunas. O correspondente expediente pode consultarse nas oficinas deste concello.

Arteixo, 16 de outubro de 2013

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo