Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44915

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (730/2010).

No procedemento de referencia ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. García Brandariz, en nome e representación da entidade Caja de Ahorros de Galicia, debo condenar e condeno a Teresa Silva Álvarez e Antonio Campelo Ferreiro, de forma solidaria, a que aboen a aquela a cantidade de doce mil douscentos cincuenta e seis euros con seis céntimos (12.256,06 euros) máis os xuros pactados.

Impóñense as custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado e para a Audiencia da Coruña, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así por esta miña sentenza, da que se deducirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Antonio Campelo Ferreiro, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Betanzos, 6 de xuño de 2013

O/a secretario/a