Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44860

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 168/2013, do 13 de novembro, polo que se nomea un membro da Xunta Electoral de Galicia.

O artigo 14, no seu punto 1º, letras c) e d) da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, establece que a Xunta Electoral de Galicia está composta, entre outros, por catro vogais maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e por catro vogais profesores en activo das facultades de Dereito, de Ciencias Políticas ou de Socioloxía das universidades de Galicia.

Os profesores das facultades de Dereito, de Ciencias Políticas ou de Socioloxía serán designados por proposta conxunta dos partidos, federacións, coalicións ou agrupacións de electores con representación no Parlamento.

No caso de renuncia xustificada e aceptada polo presidente, procederase á substitución dos membros da Xunta Electoral da Comunidade Autónoma e os vogais serán substituídos polos mesmos procedementos previstos para a súa designación.

A mesa do Parlamento, na súa reunión do 8 de outubro de 2013, designa novo vogal en virtude do artigo 17.2.a) da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia.

Polo exposto e en cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear, por proposta da mesa do Parlamento de Galicia, vogal da Xunta Electoral de Galicia o profesor que a seguir se indica:

– Francisco Javier Sanjiao Otero.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de novembro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente