Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44748

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1704/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1704/2011 desta sección en que foi recorrente mutua de accidentes de traballo Fraternidad-Muprespa e recorridos Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pizarras Salgueiro, S.A., Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, Arsenio Álvarez Fernández, sobre accidente, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que, estimando o recurso de suplicación interposto pola mutua La Fraternidad contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Ourense, con data do 8 de outubro de 2010, ditada en autos 225/2010, instados por Arsenio Álvarez Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua La Fraternidad, a mutua Asepeyo e a empresa Pizarras Salgueiro, revogamos en parte a resolución de instancia, e condenamos o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social a que lle aboen ao demandante a pensión de incapacidade permanente absoluta na contía, forma e efectos regulamentarios. Absolvemos a mutua recorrente e confirmamos, no demais, a sentenza de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala núm. 1552 0000 37 (núm. recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en legal forma a Pizarras Salgueiro, S..A., en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Quiroga de Argentina, 2, Quiroga (Lugo), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de outubro de 2013

A secretaria xudicial