Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo para a realización de controis posteriores sobre operacións xestionadas pola Secretaría Xeral do Mar, no marco da medida 2.3. Transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura do programa operativo FEP 2007-2013, actuación cofinanciada nun 75 % polo Fondo Europeo de Pesca, eixe prioritario 5, medida 1 (expediente 26/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización de controis posteriores previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006, sobre operacións xestionadas pola Secretaría Xeral do Mar no marco da medida 2.3. Transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura do programa operativo FEP 2007-2013.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19008

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 12 de xuño de 2013, BOE núm. 146, do 19 de xuño 2013 e DOG núm. 113, do 14 de xuño de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado: 231.404,6 €.

Importe neto: 231.404,6 €, IVE (21 %): 48.594,97 €, importe total: 279.999,57 €.

Financiamento: fondos propios 25 %, Fondo Europeo de Pesca 75 %.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 14 de agosto de 2013.

b) Adxudicataria: Grupo NC Auditores y Asesores de Negocio, S.L.

c) Importe: 160.800 euros (sen IVE); cun prezo unitario: 600 € (sen IVE) para un máximo de 268 expedientes que se deben auditar.

d) Data de resolución do recurso especial en materia de contratación: 7 de outubro de 2013, co levantamento da suspensión do acto de adxudicación.

e) Data de formalización do contrato: 21.10.2013.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, por obter a maior puntuación no procedemento.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar