Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de construción dunha lonxa en Cesantes (Redondela), actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca nun 75 %, no eixe 3, medida 3 (expediente 9/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de construción dunha lonxa en Cesantes (Redondela, Pontevedra).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18795

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 98, do 24 de maio de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 598.561,68 €, IVE (21 %): 125.697,95 €, importe total: 724.259,63 €.

Valor estimado: 598.561,68 €.

5. Financiamento: 75 % Fondo Europeo de Pesca e 25 % Estado membro.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 4 de outubro de 2013.

b) Adxudicataria: Alicatados y Revestimientos Gómez Crespo, S.L.

c) Importe: 556.810,81 € (IVE incluído 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 7.10.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, por ter acadada a maior puntuación no procedemento.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar