Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44763

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (86/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 86/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Vazquez Rial contra a empresa Neo Energy Solutions Europe, S.L., Servicio de Ingeniería y Montajes Alen, S.L., Raann Logisti, S.L., ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o vinte e oito de outubro de dous mil trece.

Transcorrido o prazo legalmente previsto sen que conste a interposición de recurso fronte a decreto, declároo firme, e acordo o arquivamento destas actuacións.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de notificación a Neo Energy Solutions Europe, S.L., Raann Logisti, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2013

A secretaria xudicial