Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44661

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de información pública relativo a un depósito de gas na rúa das Covas.

Daniel León González solicitou neste concello licenza municipal de instalación dun depósito de gas na rúa das Covas, núm. 39, deste municipio polo que, en cumprimento do disposto no Decreto 133/2008 polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da aparición deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia para que poida ser examinado na Secretaría deste concello e presentar as reclamacións que consideren oportunas.

O Barco de Valdeorras, 24 de outubro de 2013

Alfredo García Rodríguez
Alcalde