Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44662

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

EDICTO de aprobación definitiva da modificación puntual do PP-4-R, O Boial.

O Pleno do Concello de Ferrol, na sesión que tivo lugar o día 31 de outubro de 2013, aprobou a proposta de aprobación definitiva da modificación puntual do PP-4-R, promovida por Santiago Sur Galicia, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, con data do 8 de novembro de 2013 foi remitida á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha copia autenticada de dous exemplares do instrumento de planeamento aprobado definitivamente cos planos e documentos que o integran.

Segundo o disposto no número 2 do artigo citado e o 70.2 da Lei 7/1985 de bases do réxime local, o texto íntegro da normativa obxecto da modificación puntual publicarase no Boletín Oficial da provincia.

Contra o acordo de aprobación definitiva da modificación puntual do PP-4-R poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 8 de novembro de 2013

José Manuel Rey Varela
Alcalde