Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 29 de outubro de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación do monte veciñal en man común Ampliación do Rego, a favor dos veciños da parroquia de Moura (agás Fiscal), Fontes, Luíntra, Mundín, A Seara de Arriba, Baldomar e Biduedo, no concello de Nogueira de Ramuín.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 24 de outubro de 2013, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente para a clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación do Rego, solicitada polos veciños da parroquia de Moura (agás Fiscal), Fontes, Luíntra, Mundín, A Seara de Arriba, Baldomar e Biduedo, no concello de Nogueira de Ramuín (Ourense), resultan os seguintes

Feitos.

Primeiro. Con data do 20 de abril de 2011 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños da parroquia de Moura (agás Fiscal), Fontes, Luíntra, Mundín, A Seara de Arriba, Baldomar e Biduedo, no concello de Nogueira de Ramuín, no que solicitan ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do devandito monte.

Segundo. Con data do 6 de febreiro de 2013, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e procede a realizar as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentara ningunha.

Cuarto. O monte obxecto da clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Concello: Nogueira de Ramuín.

Denominación do monte: Ampliación do Rego.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da parroquia de Moura (agás Fiscal), Fontes, Luíntra, Mundín, A Seara de Arriba, Baldomar e Biduedo.

Superficie total: 124.070 m2.

A superficie a clasificar, segundo informe técnico previo do Servizo de Montes, atópase distribuída nas seguintes parcelas (de norte a sur):

Parcela 1: superficie: 8.370 m2.

Parcelas catastrais que comprende: parcelas 837 (parte), 854 (completa) (construción), 855 (completa) (construción) e 9005 (parte) (construción), do polígono 5 e a parcela coa referencia catastral DH0100100PG09H (completa) (camiño).

Estremas:

a) Perímetro exterior.

Norte: camiño.

Leste: monte veciñal en man común Do Rego, pertencente á parroquia de Moura (agás Fiscal), Fontes, Luíntra, Mundín, A Seara de Arriba, Baldomar e Biduedo (comunidade solicitante).

Sur: polígono 5 parcelas 853 (descoñecido), 852 (descoñecido), 857 (descoñecido), 858 (descoñecido) e 809 (Antonia Rodríguez Vázquez).

Oeste: camiño.

b) Perímetro interior: a parcela non presenta encravados.

Parcela 2: superficie: 11.300 m2.

Parcelas catastrais que comprende: parcelas 836 (parte) e 845 (completa) (construción) do polígono 5.

Estremas:

a) Perímetro exterior.

Norte: polígono 5 parcelas 813 (Rosa Rodríguez), 815 (Filomena Casanova Rodríguez), 814 (Rosa Rodríguez), 819 (Constantino Rodríguez Rodríguez) e 856 (descoñecido).

Leste: monte veciñal en man común Do Rego, pertencente á parroquia de Moura (agás Fiscal), Fontes, Luíntra, Mundín, A Seara de Arriba, Baldomar e Biduedo (comunidade solicitante).

Sur: monte veciñal en man común Do Rego, pertencente á parroquia de Moura (agás Fiscal), Fontes, Luíntra, Mundín, A Seara de Arriba, Baldomar e Biduedo (comunidade solicitante), e camiño.

Oeste: parcelas urbanas coas referencias catastrais DH0102600PG09H0001DT, DH0103500PG09H0001ZT, DH0103800PG09H0001WT e DH0103900PG09H0001AT. Parcela 847 do polígono 5 (descoñecido) e parcela 186 do polígono 31 (descoñecido).

b) Perímetro interior: a parcela non presenta encravados.

Parcela 3: superficie: 1.800 m2.

Parcelas catastrais que comprende: parcelas 836 (parte) e 9014 (parte) (estrada de Luíntra), do polígono 5 e parcela 93 (parte) do polígono 31.

Estremas:

a) Perímetro exterior.

Norte: monte veciñal en man común Do Rego, pertencente á parroquia de Moura (agás Fiscal), Fontes, Luíntra, Mundín, A Seara de Arriba, Baldomar e Biduedo (comunidade solicitante), e camiño.

Leste: monte veciñal en man común Do Rego, pertencente á parroquia de Moura (agás Fiscal), Fontes, Luíntra, Mundín, A Seara de Arriba, Baldomar e Biduedo (comunidade solicitante).

Sur: polígono 31 parcela 92 (Jesusa Vázquez Rodríguez).

Oeste: polígono 31 parcela 36 (Diocese de Ourense).

b) Perímetro interior: a parcela non presenta encravados.

Parcela 4: superficie: 102.600 m2.

Parcelas catastrais que comprende: parcelas 835 (parte) do polígono 5, parcelas 210 (completa), 242 (completa) e 243 (completa) do polígono 30 e parcelas 84 (completa) e 185 (completa) do polígono 31.

Estremas:

a) Perímetro exterior.

Norte: polígono 5 parcela 9014 (estrada de Luíntra) e polígono 31 parcela 9003 (camiño).

Leste: monte veciñal en man común Do Rego, pertencente á parroquia de Moura (agás Fiscal), Fontes, Luíntra, Mundín, A Seara de Arriba, Baldomar e Biduedo (comunidade solicitante).

Sur: polígono 30 parcela 9005 (estrada de Luíntra) e monte, en trámites de clasificación, denominado Castelos 2, pertencente a Monteverde e Baldomar.

Oeste: polígono 31 parcelas: 87 (Rafael Rodríguez Villaverde), 91 (Carlos Rodríguez Souto), 90 (Ramón Vázquez Fernández), 89 (Concepción Álvarez Junco), 88 (Amadora Junco Rodríguez), 85 (Juan Luís e María Luisa Pérez Conchouso), 67 (Carlos Rodríguez Souto), 83 (José Manuel e Dosinda Conchouso Rodríguez), 82 (Eladio Pereira Rodríguez), 81 (Eladio Pereira Rodríguez), 80 (José Conchouso Fernández), 172 (Eladina Rodríguez Soto), 184 (Faustino Fernández Pombar), 183 (Manuel Álvarez Martínez), 179 (Concepción Alonso-Sánchez Vilche-García), 180 (Elena Pereira Rodríguez), 181 (Gerardo Pereira Rodríguez) e 182 (Amparo Rodríguez).

Polígono 30 parcelas: 200 (Faustino Fernández Pombar), 199 (Jesús Vázquez González), 201 (Amadora Junco Rodríguez), 206 (Rosa Sánchez Soto), 208 (María Rodríguez), 209 (Clara Iglesias Iglesias), 207 (Elvira Álvarez Sánchez), 213 (Manuela Silva Losada), 211 (Leonardo Rodríguez Fernández), 212 (Ernesto Rodríguez Villaverde), 215 (Francisco Conchouso Rodríguez), 231 (Antonio Fernández Malvesado), 232 (Evaristo Martínez Rodríguez), 233 (Antonio Fernández Malvesado) e 244 (Inés, María del Mar e Pilar Rodríguez Lama; Amadora e María del Carmen Rodríguez Rodríguez).

b) Perímetro interior: a parcela non presenta encravados.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñen tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña disfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes e as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, sen que durante a tramitación do procedemento se tivese producido reclamación ningunha de titularidade distinta.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños da parroquia de Moura (agás Fiscal), Fontes, Luíntra, Mundín, A Seara de Arriba, Baldomar e Biduedo no concello de Nogueira de Ramuín (Ourense) o monte denominado Ampliación do Rego, coa descrición reflectida no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 13/1989 (citada), nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 29 de outubro de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense