Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2013 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dunha póliza de responsabilidade civil e de accidentes corporais para dar cobertura á actividade levada a cabo polo alumnado de formación profesional na realización de prácticas en empresas (expediente SXAPERE 01/13).

Por Resolución do 19 de xuño de 2013 (DOG do 26 de xuño) anunciouse, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria, a contratación dunha póliza de responsabilidade civil e de accidentes corporais para dar cobertura á actividade levada a cabo polo alumnado de formación profesional na realización de prácticas en empresas.

Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos do sector público, así como os requisitos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e demais lexislación vixente, e con base na proposta formulada pola mesa de contratación reunida o día 5 de agosto de 2013,

RESOLVO:

Adxudicar o concurso convocado por Resolución do 19 de xuño de 2013 a:

Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, CIF A60917978.

Importe: 64.000,00 €.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria