Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 31 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se empraza a Nelma Soraia Soares Martins dos Santos para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de tentada a notificación persoal, emprázase a Nelma Soraia Soares Martins dos Santos para ser notificada por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación son a Resolución do director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 11 de outubro de 2013, pola que se estima parcialmente a solicitude de homologación de estudos e a credencial de homologación aos títulos de graduada en educación secundaria obrigatoria e bacharel.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entre as 9.00 e ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada dirección xeral ten a súa sede en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos