Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44469

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (183/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento conflitos colectivos 183/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Sánchez Fuentes, José Iglesias Barbeito, Sindicato dos Traballadores da Limpeza (STL) contra a empresa Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama), UTE Areosa, UTE Prte Cerceda, Cespa, UTE O & M, UTE Tratesa Amasa, Serlimat Galicia, Masa Galicia sobre conflito colectivo, se ditou Resolución con data do 9 de setembro de 2013, dirixida, entre outros, a UTE Tratesa Amasa e Cespa, contra a cal cabe interpor recurso de revisión no prazo de tres días. Os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Cespa e UTE Tratesa Amasa, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de outubro de 2013

A secretaria xudicial