Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 58.1 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución da Secretaría Xeral de Cultura da Orde do 28 de maio de 2013.
Faise saber que o interesado poderá interpoñer postestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2013
Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura
Anexo
Entidade: Editorial Vedoira.
Enderezo: Emilia Pardo Bazán, 31. 15886 Teo (A Coruña).
Núm. expedientes: CT221C 2013/8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16 e 17.
Data da resolución: 15 de outubro de 2013.
Motivos da non concesión da subvención: artigo 5 da Orde do 28 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.