Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44466

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Lorenzo García González e outros.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo tramítase o recurso 170/2013/2P (procedemento abreviado) interposto por Lorenzo García González e outros contra:

1. A Resolución do 14 de setembro de 2012, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo (Hospital Universitario Lucus Augusti), pola que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria entre unidades/servizos do Complexo Hospitalario Xeral Calde-Hospital Universitario Lucus Augusti para o persoal fixo das categorías de persoal sanitario diplomado, sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 182, de 24 de setembro de 2012.

2. A Resolución do 30 de abril de 2013, da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se desestima o recurso de alzada interposto contra a anterior resolución citada.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos