Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44381

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de información pública sobre hotel de catro estrelas en Ameixide (Pinténs-O Hío).

Exposición pública da solicitude de licenza de actividade suxeita a avaliación de incidencia ambiental.

Vaqueiro Gestión, S.L. solicitou deste concello licenza municipal de actividade para hotel de catro estrelas que se situará en Ameixide (Pinténs-O Hío). En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que se poida examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, e formular por escrito as reclamacións e/ou observacións que se consideren oportunas.

Cangas, 18 de outubro de 2013

José Enrique Sotelo Villar
Alcalde