Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44382

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

EDICTO de aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución parcial da urbanización das rúas de nova apertura entre as rúas Ínsua e Maiola.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 14 de outubro de 2013, acordou a aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución parcial da urbanización das rúas de nova apertura entre as rúas Ínsua e Maiola e acordos complementarios, e realizar as publicacións e notificacións regulamentarias.

Consonte o disposto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente exponse ao público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, debendo achegar a documentación acreditativa do seu dereito no devandito prazo e podendo achegar os ditames periciais que xulguen pertinente.

O expediente pódese consultar nas oficinas da Xerencia de Urbanismo do Concello de Ferrol, sito na rúa María, núm. 52-54, 5º andar.

Para xeral coñecemento, e para os efectos das alegacións oportunas no dito prazo, exponse a seguinte relación de bens e dereitos que se van expropiar:

Nº parcela

Titular catastral

Referencia catastral

Sup. total
(m2)

Sup. expropiada (m2)

01

Julia Lorenzo López

Rosa Prieto Méndez

1452933NJ6115S00001TS

83

29

02

Elena Mª Barroso Gómez

Soledad Barroso Gómez

1452932NJ6115S0001LS

1.065

41

03

José A. Villar Rodríguez

1452922NJ6115S0001WS

1.315

36

04

Mª Emilia López López

Manuela Pico Naveiras

Sergio Pico López

Miguel Ángel Pico López

Rafael Pico López

1452923NJ6115S0001AS

960

44

05

Manuela Fidalgo Filgueiras

1452925NJ6115S0001YS

1.200

65

06

Edelmiro Prieto Couce

Hortensia Trigo Sanjurjo

1452926NJ6115S0001GS

1.129

40

07

Jesús Calvo Alvariño

1452927NJ6115S0001QS

990

76

08

José Bermúdez Fernández

José Fernández Bermúdez

Mª Elena Fernández Torrente

Manuela Fernández Bermúdez

1452928NJ6115S0001PS

836

70

09

María Carmen Padín Torrente

José Manuel Porta Padín

Mª Jesús Porta Padín

Eugenia Porta Padín

1452930NJ6115S0001QS

558

43

10

Ramón Pita Martiño

1452931NJ6115S0001PS

1.681

135

A presente notificación producirá os efectos previstos no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles interesados aos cales que non se lles poida practicar a notificación ou resulten descoñecidos no expediente.

Ferrol, 22 de outubro de 2013

José Manuel Rey Varela
Alcalde