Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Mesía (expediente IN407A 2013/62).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: centro de seccionamento e manobra O Beledo.

Situación: concello de Mesía.

Características técnicas:

– Tramo LMT aérea Fondeira-A Fieiteira-Xanceda.

Inicio liña (UTM): apoio nº 88 existente de tipo C-16/3000 da LMT Visantoña-Frades-Papucín-Visantoña (expediente 234/2001) (UTM: 562.452; 4.769.262).

Final de liña (UTM): apoio nº 88/2 proxectado tipo HV-13/1600 da LMT Fondeira-A Fieiteira-Xanceda (expediente 185/1999) que substitúe o apoio existente de tipo HV 13/630 (UTM: 562.622; 4.769.255).

– Pasos aerosubterráneos MT.

Tensión de servizo: 15 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

Tipo: tres pasos aerosubterráneos que se van realizar no apoio nº 88 existente de tipo C-16/3000 da LMT Visantoña-Frades-Papucín-Visantoña (expediente 234/2001), mesmo apoio de onde parte o novo tramo da liña Fondeira-A Fieiteira-Xanceda (expediente 185/1999) (UTM: 562.452; 4.769.262).

– Tramo LMT subterránea Visantoña-Frades-Papucín-Visantoña.

Inicio liña (UTM): paso aerosubterráneo proxectado que se vai realizar no apoio nº 88 existente de tipo C-16/3000 da LMT. Visantoña-Frades-Papucín-Visantoña (expediente 234/2001) (UTM: 562.452; 4.769.262).

Final liña (UTM): paso aerosubterráneo proxectado que se vai realizar no mesmo apoio nº 88 existente de tipo C-16/3000 da LMT. Visantoña-Frades-Papucín-Visantoña (expediente 234/2001), despois de realizar entrada e saída no centro de seccionamento O Beledo proxectado (UTM: 562.452; 4.769.262).

Lonxitude: 52 m.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ-2OL-12/20 kV-3 (1×240 AL).

Tensión de servizo: 15 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

– Tramo LMT subterránea Fondeira-A Fieiteira-Xanceda.

Inicio liña (UTM): cela de liña que se vai instalar no centro de seccionamento O Beledo proxectado (UTM: 562.454; 4.469.254).

Final liña (UTM): paso aerosubterráneo proxectado que se vai realizar no apoio nº 88 existente de tipo C-16/3000 da LMT Visantoña-Frades-Papucín-Visantoña (expediente 234/2001) (UTM: 562.452; 4.769.262).

Lonxitude: 23 m.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2-OL-12/20 kV-3 (1×240 AL).

Tensión de servizo: 15 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

– Centro de seccionamento e manobra O Beledo.

Tipo: edificio de seccionamento en caseta de obra civil.

Aparellaxe MT: celas con illamento en SF6.

Esquema do centro: 3L.

Tensión de servizo: 15 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña