Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44306

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 31 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de reposición formulado por Alejandro Fernández Fernández.

Con data do 26.9.2013 o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada pola conselleira de Facenda en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG núm. 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e), ditou resolución pola que se desestima o recurso de reposición formulado por Alejandro Fernández Fernández contra a Resolución da conselleira de Facenda do 22 de maio de 2013 pola que se lle denega a solicitude de compatibilidade formulada polo interesado.

Logo de tentar a notificación da citada resolución dúas veces a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo, por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Alejandro Fernández Fernández a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso contencioso-administrativo perante, á súa elección, o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados, desde o día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública