Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 12 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente disciplinario clave 1/2013.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación no domicilio do interesado, emprázase o interesado que se sinala no anexo deste anuncio para que compareza no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Técnico Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do Acordo de levantamento da suspensión do procedemento disciplinario do 11 de novembro de 2013 ditado pola secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Unha vez transcorrido ese prazo sen efectuar a comparecencia para o coñecemento íntegro do acordo de levantamento da suspensión, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ademais, emprázase o interesado para que compareza ao trámite de declaración ante a instrutora e secretaria do procedemento, de acordo co disposto no artigo 47.1.b) segundo punto do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, nas dependencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (na Secretaría de Goberno), na r/ Praza de Galicia, s/n, 15071 A Coruña, o próximo día 21 de novembro de 2013, ás 11.00 horas.

De non comparecer ao trámite de declaración, advírteselle que proseguirán as actuacións polas canles legais e regulamentarias previstas.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Expediente: 1/2013.

Interesado: Manuel Villaverde González.

Acto de notificación: acordo de levantamento da suspensión do procedemento disciplinario e citación para comparecer ao trámite de declaración.

Último domicilio coñecido: avenida del Ejército 70-1º 15006 A Coruña.