Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 25 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública duns bens inmobles situados nos concellos de Pontevedra, A Estrada e Oia.

1. Primeira, segunda e terceira poxa pública do inmoble situado na rúa Cruz Vermella, nº 9, baixo, de Pontevedra, e cuarta poxa pública dun inmoble situado no concello da Estrada.

Ás 11.00 horas do día 11 de decembro de 2013 terá lugar na sala de conferencias do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia situado na rúa Fernández Ladreda, nº 43, de Pontevedra, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio que actuará como secretario, primeira, segunda, terceira e cuarta poxa dos lotes que a seguir se describen, dos que foi acordado o seu alleamento polas ordes da Consellería de Facenda do 20 de novembro de 2012 e do 24 de outubro de 2013.

– Numero un-bis. Baixo a usos comerciais, situado na planta baixa do edificio en Pontevedra, na rúa de nova apertura (inicialmente denominada travesía de Padre Amoedo) sen número (actualmente rúa Cruz Vermella, nº 9). Ocupa unha superficie de 880 m2, constituído por unha nave sen dividir. Linda polo frente, travesía de Padre Amoedo, axardinados e portais segundo, terceiro e cuarto de acceso ás vivendas; dereita, entrando nel, rúa de nova apertura e, en parte, rampla de acceso ao garaxe e portal quinto de acceso ás vivendas; esquerda, local nº 1, de onde este se segregou de Cooperativas de Vivendas de ENCE; e polo fondo, casas da avenida de Buenos Aires, dos irmáns Malvar González e, en parte, rampla de acceso ao garaxe e portal quinto de acceso ás vivendas. Referencia catastral: 9682006NG2998S0061LG. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra, inscrición terceira de dominio do predio nº 27.213-N, folio 106 do libro 730, tomo 1.510.

Tipo de licitación primeira poxa: 357.682,45 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 304.030,08 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 250.377,72 euros.

– Soar denominado Campo da Marea, labradío sequeiro, situado no termo municipal da Estrada, cunha superficie aproximada de 163 m2, que estrema: norte, en liña de dezaseis metros con corenta centímetros, máis terreo do mesmo vendedor; sur, en liña de dezaseis metros vinte centímetros, rúa en proxecto de sete metros de longo; leste, en liña de dez metros, rúa en proxecto de sete metros de longo; oeste, tamén en liña de dez metros, rúa en proxecto de once metros de longo. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Estrada como predio nº 30.675, tomo 608, libro 493 e folio 197. Referencia catastral: 1263908NH4216S0001OE.

Tipo de licitación cuarta poxa: 8.900 euros.

2. Cuarta poxa pública duns inmobles situados no concello de Oia.

Ás 12.00 horas do día 4 de decembro de 2013 terá lugar no local social da Abadía, situado en Loureza (concello de Oia), perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio que actuará como secretario, cuarta poxa dos lotes de bens inmobles patrimoniais da Comunidade Autónoma de Galicia que a seguir se describen, dos que foi acordado o seu alleamento pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de outubro de 2013.

• Lote 1.

1. Parcela nº 374 do polígono 31 do Catastro, que figura co nome de Sobredomuíño, de 777 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcelas nº 370 de Mercedes González Amado; sur, con parcelas nº 375 de M. Nieves Estévez Fernández, nº 380 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia– e nº 381 de Daniel Fernández Miranda; leste, con parcela nº 451 do concello de Oia; oeste, con parcela 373 de descoñecido. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.935, tomo 1.253, libro 69 e folio 11. Referencia catastral: 36036A031003740000QF.

2. Parcela nº 380 do polígono 31 do Catastro, que figura co nome de Sobredomuíño, de 283 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcela nº 374 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia–; sur, con parcela nº 379 de Alfredo Fernández Giráldez, nº 353 de Deolinda González Fernández e nº 352 de Daniel Fernández Miranda; leste, con parcela nº 381 de Daniel Fernández Miranda; oeste, con parcela nº 375 de M. Nieves Estévez Fernández. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.936, tomo 1.253, libro 69 e folio 12. Referencia catastral: 36036A031003800000QK.

3. Parcela nº 414 do polígono 31 do Catastro, que figura co nome de Sobredomuíño, de 560 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcela nº 415 de María del Carmen González Fernández e nº 418 de M. Nieves Estévez Fernández; sur, con parcelas nº 401 de M. Nieves Estévez Fernández, nº 416 de María del Carmen González Fernández e nº 419 de María de las Nieves Fernández Miranda; leste, con parcela nº 403 de Mercedes González Amado, nº 412 de Máximo González Treinta e nº 413 de Domingo Cuevas González; oeste, con parcela nº 417 de Delia Cuevas González. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.937, tomo 1.253, libro 69 e folio 13. Referencia catastral: 36036A031004140000QI.

4. Parcela nº 422 do polígono 31 do Catastro, que figura co nome de Sobredomuíño, de 319 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcela nº 420 de Mercedes Pregal González, nº 421 de M. del Mar Acevedo Otero; sur, con parcela nº 423 de José Luis González Iglesias; leste, con parcela nº 389 de Deolinda González Fernández; oeste, con parcela nº 424 de José Manuel Fernández Miranda. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.938, tomo 1.253, libro 69 e folio 14. Referencia catastral: 36036A031004220000QU.

5. Parcela nº 85 do polígono 31 do Catastro, que figura co nome de Tendal, de 372 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcela nº 79 de Generosa González Fernández; sur e leste, con camiño; oeste, con parcela nº 84 de Gumersindo González Fernández. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.925, tomo 1.253, libro 69 e folio 1. Referencia catastral: 36036A031000850000QT.

Tipo de licitación: 250 euros.

• Lote 2.

1. Parcela nº 431 do polígono 33 do Catastro, que figura co nome de Campo Dabaixo, de 453 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcelas nº 430 de M. del Mar Acevedo Otero e nº 454 de Benito Fernández González; sur, con parcelas nº 432 de Benito Fernández González e nº 452 de Argentina Cuevas González; leste, parcela nº 526: monte veciñal en man común de Valga Lousado Loureza Oia; oeste, con nº 453 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia–. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.947, tomo 1.253, libro 69 e folio 23. Referencia catastral: 36036A033004310000QX.

2. Parcela nº 439 do polígono 33 do Catastro, que figura co nome de Campo Dabaixo, de 652 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcelas nº 438 de Donato Otero Álvarez; nº 451 de Manuel Fernández Giráldez; sur, con parcelas nº 444 de Benito Fernández González, nº 445 de Gumersindo González Fernández; leste, con parcelas nº 441 de Donato Otero Álvarez; nº 442 de Máximo González Treinta; nº 443 de M. del Mar Acevedo Otero e nº 526: monte veciñal en man común de Valga Lousado Loureza Oia; oeste, con parcelas nº 440 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónomade de Galicia–; nº 447 de José Treinta González; nº 450 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia–. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.948, tomo 1.253, libro 69 e folio 24. Referencia catastral: 36036A033004390000QW.

3. Parcela nº 440 do polígono 33 do Catastro, que figura co nome de Campo Dabaixo, de 111 m2 de superficie, que estrema: norte e leste, con parcela nº 439 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia–; sur, con parcela nº 444 de Benito Fernández González; oeste, con parcelas nº 446 de Máximo González Treinta; nº 447 de José Treinta González. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.949, tomo 1.253, libro 69 e folio 25. Referencia catastral: 36036A033004400000QU.

4. Parcela nº 450 do polígono 33 do Catastro, que figura co nome de Campo Dabaixo, de 380 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcela nº 438 de Donato Otero Álvarez e nº 451 de Manuel Fernández Giráldez; sur, con parcela nº 447 de José Treinta González, nº 448 de Deolinda González Fernández e nº 449 de Antonio Durán Álvarez; leste, con parcela nº 439 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia–; oeste, con regato. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.950, tomo 1.253, libro 69 e folio 26. Referencia catastral: 36036A033004500000QQ.

5. Parcela nº 453 do polígono 33 do Catastro, que figura co nome de Campo Dabaixo, de 508 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcela nº 454 de Benito Fernández González; sur, con parcelas nº 451 de Manuel Fernández Giráldez e nº 452 de Argentina Cuevas González; leste, con parcela nº 431 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia–; oeste, con regato. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.951, tomo 1.253, libro 69 e folio 27. Referencia catastral: 36036A033004530000QT.

6. Parcela nº 496 do polígono 33 do Catastro, que figura co nome de Campiño Novo, de 929 m2 de superficie, que estrema: norte, con parcelas nº 510 de Casimiro González Fernández e nº 506 de José Luis González Iglesias; sur, con parcela nº 504 de Elvira Rodríguez Diego, nº 497 de Daniel Fernández Miranda e nº 493 de José Luis González Iglesias; leste, con parcelas nº 495 de José Luis González Iglesias, nº 494 de Casimiro Fernández González e nº 505 de Manuel Fernández Giráldez; oeste, con camiño. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14.953, tomo 1.253, libro 69 e folio 29. Referencia catastral: 36036A033004960000QI.

Tipo de licitación: 220 euros.

Os lotes poxaranse independentes e os interesados poden concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán pola conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios (rateados segundo os tipos dos lotes), así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme ao disposto na lei.

O prego de condicións que rexe este alleamento está ao dispor dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8-2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion).

Poderase visitar o inmoble situado na rúa Cruz Vermella, nº 9, baixo, de Pontevedra, para o que se deberá concertar cita previa.

Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2013

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda