Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44189

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 360/2012 M).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Marcos Villar Pazos contra Servicio de Ingeniería y Montajes Alen, S.L. e Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., sobre despedimento nº 360/2012, se acordou citar a Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, Santiago de Compostela, o día 25 de novembro de 2013, ás 9.55 horas e 10.00 horas, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, que pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é convocatoria única e que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia. Fáiselle saber que se encontra ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado o decreto de admisión da demanda, así como a copia desta, o requirimento e demais resolucións ditadas no presente procedemento.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2013

A secretaria xudicial