Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: recuamento LMT VAR 803 A na rúa Valle Inclán.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 236 metros de lonxitude (118×2), con orixe na arqueta proxectada (nó 0-plano 3) e final no CT porto deportivo (nó 8-plano 3). LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 32 metros (16×2), con orixe na arqueta proxectada, nó 6-plano 3, e final na arqueta proxectada (nó 9-plano 3). A instalación está situada na rúa Valle Inclán, Vilagarcía de Arousa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 18 de outubro de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra