Teresa Ónega Estoa (Ganadería do Rey, S.C.) solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de nave para cría e recría, ampliación de corte existente para zona de muxidura e silo trincheira, que se situará en Gueimonde. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.
A Pastoriza, 30 de outubro de 2013
Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde