Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44125

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación e balsa de zurro nas Maciñeiras (A Regueira).

María Carmen Álvarez Eiras solicitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación de explotación e balsa de zurro que se situará nas Maciñeiras (A Regueira). En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Pastoriza, 31 de outubro de 2013

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde