Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44118

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública (expediente 2013/47/16).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente 2013/47/16, tramitado por instancia de Talleres Multimarca Espíritu Santo, S.L., representada por Cándido Espinosa Ramos, para a concesión de licenza de apertura e funcionamento dun taller de mantemento e reparación de vehículos de motor que se instalará na parcela C-1, nave 1, do polígono industrial de Bergondo deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público, no Servizo de Urbanismo deste concello, co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que crea oportunas.

Bergondo, 15 de outubro de 2013

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa