Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO (expediente 2013/47/17).

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente núm. 2013/47/17 tramitado por instancia da Fundación Centro Galego de Solidariedade Proxecto Home, representada por Ramón Gómez Crespo, para a concesión de licenza de apertura e funcionamento dunha granxa de 490 xatos frisóns para ceba no lugar de Bos, 20, na parroquia de Guísamo, deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público no Servizo de Urbanismo deste concello co fin de quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se é o caso, as alegacións ou observacións que crea oportunas.

Bergondo, 4 de novembro de 2013

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa