Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 25 de outubro de 2013, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a resolución de caducidade do expediente sancionador S-C-19.12, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución de caducidade do expediente sancionador por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Patrimonio Cultural, da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2013

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-C-19.12.

Interesada: Nebril Forestal, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Arxentina, 9, baixo, A Coruña.

Feitos imputados: obras de ampliación da pista de terra existente e apertura de novos accesos que implicaron a realización de movementos de terras dentro da área de respecto das mámoas do monte de Brión e que afectaron directamente a área de protección integral do túmulo GA15036044 situado no monte de Brión, concello de Ferrol, sen contar coa autorización previa e preceptiva da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Tipificación: artigo 90.g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.