Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores correspondentes.
Expediente: RL 2007/0330-4.
Acta: 500/2007.
Empresa: Grupo Vigo Norte, S.L.
NIF: B36850618.
Enderezo: Colón, 28, 8º A, Vigo.
Materia: seguridade e saúde.
Preceptos infrinxidos: artigo 3.a), parte C, anexo IV, en relación co artigo 11.1.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, e artigo 187 da Ordenanza laboral da construción.
Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.f), 39.3.a) e c) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Data da resolución: 11.10.2013.
Resolución: multa de 6.010,13 €.
Expediente: RL 2007/0367-4.
Acta: 458/2007.
Empresa: José Malvar Construcciones, S.A.
NIF: A36002038.
Enderezo: Eduardo Pondal, 37, baixo, Pontevedra.
Materia: seguridade e saúde.
Preceptos infrinxidos: artigo 3.a), parte C, anexo IV, en relación co artigo 11.1.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, e artigo 187 da Ordenanza laboral da construción.
Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.f), 39.3.a) e c) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Data da resolución: 14.10.2013.
Resolución: multa de 6.010,13 €.
Expediente: RL 2007/0371-4.
Acta: 506/2007.
Empresa: Granitos Soygar, S.L.
NIF: B36100527.
Enderezo: estrada Godos, km 19, Caldas de Reis.
Materia: seguridade e saúde.
Preceptos infrinxidos: artigo 4.2.1 e 2, anexo I, en relación co artigo 3.1.b) do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, e artigo 5.b), parte C, anexo IV, e artigo 11.1.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.
Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.b), 39.3.a) e c) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Data da resolución: 14.10.2013.
Resolución: multa de 6.010,13 €.
Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.
Vigo, 21 de outubro de 2013
María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo