Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 18 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, para a publicación de notificacións sobre recursos de alzada devoltas polo servizo de Correos.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 61 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante, LRXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coa resolución do recurso de alzada instado polos interesados, publícanse mediante este edicto as resolucións dos recursos interpostos, cos efectos que se sinalan no presente edicto.

Vigo, 18 de outubro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: Juan Antonio Fernández Sequeiros.

DNI: 78530186K.

Resolución: desestimación do recurso.

Efectos:

– Pon fin á vía administrativa de acordo con artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

– Poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Nome e apelidos: Dorel Stinga s/s.

NIE: Y0220307E.