Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 69/2013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT e RBT Vila da Area-Xuncal-Covas-Vilar.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a CS Vila da Area, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,012 km, con orixe no paso aero-soterrado que se realizará na LMTA SMR-706 «Base naval 06», tramo entre o CT Tras do Outeiro (expediente 33.988) e o CT Vila da Area (expediente 7.506), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1x240) Al, e final en cela de liña en CS Vila da Area proxectado.

Liña de media tensión soterrada CS Vila da Area proxectado a LMT, CT San Xurxo (expediente 30.050), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,022 km, con orixe en cela de liña en CS Vila da Area proxectado, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1x240) Al, e final en paso aero-soterrado que se realizará na LMTA SMR-706 «Base naval 06», tramo entre o CT Vila da Area (expediente 7.506) e o CT San Xurxo (expediente 30.050).

Liña de media tensión soterrada CS Vila da Area proxectado a CT Xuncal (proxectado), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 2,886 km, con orixe en cela de liña en CS Vila da Area proxectado, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1x240) Al, e final en cela de liña en CT Xuncal (proxectado).

Liña de media tensión soterrada a CT Xuncal (proxectado) a LMT, CT Corrás (expediente 29.714), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,114 km, con orixe en cela de liña en CT Xuncal proxectado, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1x240) Al, e final en paso aero-soterrado que se realizará na derivada a LMTA ao CT Corrás (expediente 29.714).

Liña de media tensión soterrada a CT Xuncal (proxectado) a CT Covas-Vilar (expediente 52.371), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,518 km, con orixe en cela de liña en CT Xuncal proxectado, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1x240) Al, e final en cela de liña existente en CT Covas-Vilar (expediente 52.371).

Liña de media tensión aérea a CT Corrás (expediente 29.714), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,147 km (que se retensará), con orixe na LMTA SMR-706 «Base naval 06», tramo derivada ao CT Corrás (expediente 29.714), en condutor LA-56/54,6 mm2 (van que se retensará), e final no CT Corrás (expediente 29.714).

Liña de media tensión aérea a CT As Pozas a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,034 km (que se retensará), con orixe na LMTA SMR-703 «Covas-Mandiá 23», tramo sentido ao CT As Pozas, en condutor RHVS-95 (van que se retensará), e final no CTI As Pozas.

Centro de seccionamento proxectado Vila da Area 3L, manobra exterior.

Centro de transformación intemperie Xuncal, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña