Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2013/085).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMT, CT e RBT Cebreiro.

Situación: O Pino.

Características técnicas:

Reforma da liña de media tensión aérea existente Millares-Quión (expte. IN407A 2002/247) a 20 kV, entre o apoio nº 59 existente e o apoio nº 63 existente da mesma liña, nunha lonxitude de 291 m, con condutor LA-56.

Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 54 m, con condutor RHZ1-2Ol 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no paso aero-soterrado proxectado que se realizará no apoio nº 62/1 proxectado de tipo HVH-15/2500,que se intercalará na LMT Millares-Quión (expte. IN407A 2002/247), e final en paso aero-soterrado que se realizará no mesmo apoio unha vez entre e saia do novo CT Cebreiro proxectado.

Centro de transformación (CT) de tipo prefabricado de formigón, 2L+P con transformador de potencia 250 kVA e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV, que se instalará no lugar do Cebreiro (coordenadas UTM, X: 556.539; Y: 4.748.784), o cal substituirá o CTI Cebreiro existente (IN407A 2003/386); así mesmo, demolerase unha caseta de obra civil existente.

Rede de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 72 m, con condutor XZ1-0,6/1 kV 4(1×240) mm2 Al, con orixe no novo CT proxectado, do cal sairán 3 saídas, e final en pasos aero-soterrados proxectados que se realizarán no apoio nº 62/1 proxectado.

Rede de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 194 m, con condutor RZ 0,6/1 kV 3×95/54,6 Al, con orixe nos pasos aero-soterrados que se realizará no apoio nº 62/1 proxectado e final na rede existente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 1 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña